- Entidade
- UNINOVA
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude
UNINOVA, en calidade de Intermediary Organisation, xestiona desde hai anos o programa europeo de intercambio de emprendedores e empresas (ERASMUS FOR YOUNG ENTREPRENEURS).
Requisitos e Duración do intercambio
Trátase dunha iniciativa da Unión Europea que permite que emprendedores cun plan de empresa elaborado ou emprendedores cunha PEME xa creada pero con menos de tres anos de experiencia levando a súa propia empresa poidan realizar unha estadía formativa de entre 1 e 6 meses cun empresario experimentado doutro país da Unión Europea , dun grupo de países participantes, entre eles, Albania, Armenia, Bosnia-Herzegovina, Antiga República de Iugoslavia, República de Macedonia, Islandia, Montenegro, Moldavia, Serbia, Turquía e Ucraína.
Dotación
Os emprendedores recibirán unha BOLSA por parte da Unión Europea cuxo importe dependerá do país no que se realice a estadía e da duración do intercambio.
Vantaxes que o programa ofrece aos emprendedores
- Oportunidade única de mellorar a súa experiencia emprendedora.
- Acceso a unha rede de contactos internacionais.
- Mellora do coñecemento sobre mercados internacionais.
- Desenvolvemento de novas oportunidades de negocio e posibilidade de encontrar posibles socios estratéxicos.
- Mellora do coñecemento de linguas estranxeiras.
- Axuda económica para a estadía (de acordo ao país de acollida)
- Asistencia e apoio por parte do organismo intermedio (UNINOVA) durante todo o proceso.
Rexistro
Para poder participar, o emprendedor debe cubrir un formulario de inscrición expoñendo as súas motivacións e expectativas (en inglés) e subir un plan de negocio (pode estar en castelán) e o seu curriculum vitae (preferiblemente en inglés e en formato europeo).
O emprendedor debe darse de alta na páxina web do Programa Erasmus for Young Entrepreneurs http://www.erasmus-entrepreneurs.eu/, no apartado “REXÍSTRATE”.
Ao final do formulario hai que escoller unha organización intermediaria, nesta selección é onde aparece UNINOVA como organización intermediaria (IO) coa seguinte denominación [Santiago de Compostela] UNINOVA - SOCIEDADE PARA A PROMOCIÓN DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, M.P., S.L.
Para máis información ou aclaración de dúbidas podes contactar:
UNINOVA
Rosa Sánchez Santos
rosa.sanchez [at] uninova.gal (rosa[dot]sanchez[at]uninova[dot]gal)
Edificio CERSIA EMPRESA
Rúa do Alcalde Raimundo López Pol
15707 Santiago de Compostela
Tel.: +34 981542494