- Entidade
- Xunta de Galicia
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude
Emprego Galicia concede, cada ano, subvencións destinadas a financiar a contratación de persoas desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social en colaboración coas entidades locais ou coas entidades privadas sen ánimo de lucro con centros de traballo en Galicia.
Estes programas de apoio cumpren así unha dobre función: mellorar a empregabilidade das persoas contratadas a través da adquisición de experiencia na súa categoría profesional e realizar tarefas e servizos de utilidade social e de interese para a comunidade.
Requisitos:
As persoas que sexan contratadas para a realización dos servizos polos que se outorgue a subvención deberán cumprir os seguintes requisitos no momento da selección e da contratación:
1. Estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupadas e que estean dispoñibles para o emprego.
2. Non ter sido contratadas por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas de programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, referentes aos anos 2022 (procedemento TR352A), 2023 (procedemento TR352A) e 2024 (procedemento TR352A).
3. Tampouco poderán ser contratadas as persoas cónxuxes, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, das persoas que exerzan funcións directivas na entidade.
Forma de selección
As entidades beneficiarias poderán iniciar o procedemento de selección das persoas desempregadas que se van contratar, calquera das seguintes dúas modalidades de selección:
a) Selección mediante unha oferta de emprego específica presentada na oficina correspondente do Servizo Público de Emprego de Galicia, segundo os modelos establecidos, e farán referencia aos requisitos e ás características que deben reunir as persoas traballadoras que se contratarán para o desempeño adecuado das funcións inherentes aos postos de traballo ofertados.
b) Selección directa pola entidade beneficiaria, logo da publicación da listaxe de entidades beneficiarias por parte do órgano xestor das axudas no Portal de emprego de Galicia.