- Entidade
- Interreg España-Portugal
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

Únete a Pegadas e mellora a túa empregabilidade mentres percorres o Camiño de Santiago.
PEGADAS ten como finalidade mellorar a empregabilidade da mocidade galega ou residente en Galicia de entre 18 e 29 anos.
Participar no proxecto ten dúas fases:
1. Realizar un curso formativo on-line gratuíto sobre emprendemento, sustentabilidade e novas tecnoloxías (expídese certificado ao finalizalo).
2. Participar nunha microexperiencia realizando varias etapas do Camiño de Santiago Portugués (saíndo desde Galicia e iniciando en Viana do Castelo en Portugal) con máis novos de Galicia e Portugal.
Todos os gastos están subvencionados polo proxecto, (aloxamento, transporte e manutención) sendo 100% gratuíto.