A Casa de Europa é unha residencia universitaria destinada ao aloxamento de profesorado convidado e visitantes procedentes doutras universidades do mundo que acoden á Universidade de Santiago de Compostela para participar en actividades docentes e investigadoras.
A casa conta con seis cuartos de uso dobre ou individual e distintos espazos de uso polivalente que permiten dispoñer da mellor contorna para a realización de xuntanzas e sesións de traballo, ao igual que se adaptan para ofrecer unha cómoda estancia aos participantes en congresos, conferencias, cursos ou outros foros universitarios.
A Casa de Europa está situada no parque Vista Alegre, xunto co Museo de Historia Natural da USC e outros espazos públicos de interese, conformando un lugar singular desde o que coñecer tódalas facetas de Compostela: a súa cultura (museos, igrexas e monumentos), comercio, gastronomía e espazos de ocio.