Para facilitar o estudo, xunto coas mencionadas prestacións, catro dos cuartos dispoñen de dous espazos: unha zona de descanso e outra de traballo.
Un dos espazos máis emblemáticos da Casa de Europa é unha ampla galería onde a luminosidade, o deseño, e as liñas máis limpas e austeras alíanse para crear un lugar idóneo para os momentos de tranquilidade. Pode utilizarse tamén para xantares de traballo ou institucionais.
Xunto cos cuartos e a galería a casa dispón de dous pequenos salóns sociais e unha sala de reunións equipada cunha mesa imperial con capacidade máxima para 12 persoas.
E na fachada norte a casa ten engadida unha pequena capela con acceso directo desde o interior da casa e cunha balconada sobre ela no primeiro andar. Nela atópase un excelente retablo barroco magnificamente conservado.