Ir o contido principal

A USC desenvolve accións de vixilancia da saúde (campañas informativas e de sensibilización), realiza os recoñecementos médicos de empresa e o seu seguimento e control coas probas analíticas precisas. Atende asemade consultas por enfermidade común ou consultas urxentes dos traballadores da USC, ademais de prestar primeiros auxilios. Ademais dispón dun amplo conxunto de servizos clínicos odontolóxicos, de atención primaria visual, asistencia psicolóxica, e tratamento do tabaquismo e as adiccións.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.06.2023.