O programa Explorer vai dirixido a mozos e mozas entre 18 e 31 anos que teñan unha idea empresarial innovadora e queiran desenvolvela. Dende Explorer USC ofrécese formación, asesoramento e titorización ao longo de 5 meses, da man de expertos de primeiro nivel.
Os mellores proxectos de cada centro teñen como premio unha viaxe a Silicon Valley e poden optar a tres premios a nivel nacional de 30.000, 20.000 ou 10.000 €.
O programa Santander Explorer, coordinado polo Centro Internacional Santander Emprendimiento (CISE) e promovido por Santander Universidades, é xestionado pola USC en dous centros de emprendemento (Explorer Spaces) nos Campus de Lugo e Santiago.
O programa conta co apoio da Secretaría Xeral de Emprego, Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, e a Deputación de Lugo.
Área de Valorización Transferencia e Emprendemento (AVTE)
- Casa de Vivendas de Funcionarios
- Avenida das Ciencias, 6, 15782Santiago de Compostela
- avte [at] usc.es
Área de Valorización Transferencia e Emprendemento (AVTE)
- AVTE. Edificio CACTUS Lugo
- Campus Lugo s/n, 27002Lugo
- avte [at] usc.es