Software avanzado para simular e analizar o comportamento estrutural e dinámico de moléculas e agregados moleculares.
MDUSE desenvolve software avanzado orixinal destinado a simular e analizar o comportamento estrutural e dinámico das moléculas e agregados moleculares.
Ofrece estudos computacionais personalizados de sistemas moleculares específicos encamiñados a deseñar novos materiais ou dispositivos de base molecular para optimizar procesos industriais. Os métodos que utilizan baséanse principalmente en simulacións de Dinámica Molecular Multiescalar.