Desenvolvemento de nanomateriais a partir de procesos químicos.
Nanogap é unha empresa dedicada ao desenvolvemento de nanomateriais fabricados a partir de complexos procesos químicos. Os nanomateriais teñen aplicacións tales como desenvolvemento de materiais electricamente condutores, materiais fotoluminescentes, aditivos antimicrobianos para pinturas e plásticos, ou un potencial novo tratamento terapéutico para o cancro.