Especialistas no estudo da integración de biomateriais en tecidos vivos
En iBoneLab somos especialistas no estudo da integración de biomateriais en tecidos vivos. Para conseguilo, especializámonos no procesado histolóxico mediante a técnica de “lámina delgada”, que nos permite visualizar tecidos e materiais ao microscopio independentemente da súa dureza. Esta técnica, xunto coa implantación de diversos métodos de análise, permítenos proporcionar información veraz sobre o comportamento dos tecidos ante os materiais implantados. Tamén temos unha ampla experiencia na realización e avaliación de imaxes de tomografía microcomputerizada, así como en técnicas convencionais de histoloxía, inmunohistoquímica ou fluorescencia.