Aplicación móbil de xestión da medicación.
Calendula é unha aplicación móbil que permite a xestión da medicación dunha ou varias persoas e permite o acceso á información do sistema de e-Receita do Servizo Galego de Saúde a través da Folla de Medicación Activa (FMA) e o Plan de Dispensación (PD).
Proporciona una serie de funcionalidades que permiten que calquera usuario con un dispositivo móbil Android poida xestionar a súa propia caixa de urxencias, definir facilmente a súa pauta terapéutica e recibir recordatorios cando é hora de tomar algún medicamento. Todo procurando interferir minimamente coa súa rutina diaria e permitindo a asociación de tomas de medicamentos coa rutina diaria do paciente.
- Autores: Paulo Félix Lamas, José Ángel Piñeiro Souto, Tomás Teijeiro Campos.
- Tipo de licenza: GPL 3