- Museo A domus do Mitreo
-
-
Praza Pío XII, 3, 27001Lugo
-
museomitreo.lugo [at] fundacionusc.gal
-
HorarioMartes a sábado: De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 (Horario de verán, do 24/06 ao 03/09, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00) | Domingos e festivos: De 11:00 a 14:00 | Pechado: Todos os luns do ano, 1 e 6 de xaneiro, 1 de maio 24, 25 e 31 de decembro
-
O Museo Universitario A Domus do Mitreo é un centro museístico xestionado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) situado nun edificio que alberga a sede do Vicerreitorado do Campus de Lugo. No seu solar apareceron os restos dunha domus que, durante o Baixo Imperio romano, foi parcialmente reformada para construír un edificio privado destinado ao seu uso como mitreo. O Museo expón nas súas instalacións unha selección de pezas cerámicas, de vidro e metálicas que foron atopadas nas escavacións arqueolóxicas do solar, principalmente de época romana, aínda que tamén se acharon restos materiais de época medieval e moderna.