Ir o contido principal
Convenio de colaboración entre a axencia galega de innovación e a USC para regular as condicións da axuda destinada á actualización e ampliación da plataforma Innopharma da USC

 

 

O presente convenio ten por obxecto establecer as condicións da axuda de GAIN a favor da USC para a actualización e ampliación das capacidades tecnolóxicas da Plataforma Innopharma con metodoloxías e tecnoloxías automatizadas compatibles co tratamento por Big Data. Con este financiamento dotarase a Innopharma de infraestruturas científico-tecnolóxicas colaborativas que inclúan equipamento avanzado de laboratorio nunha contorna dixitalizada, que impulse a atracción de empresas tractoras e a atracción e retención de talento xerando emprego cualificado.

Os resultados que se pretenden conseguir con esta actuación son:

• Aumentar a capacidade do sistema de I+D+i galego para o descubrimento temperán e desenvolvemento de fármacos en Galicia, co fin de fortalecer ao sistema sanitario galego, nacional e europeo coas infraestruturas necesarias para acelerar o proceso de desenvolvemento de fármacos e vacinas, obxectivo que incrementou aínda máis a súa pertinencia e relevancia para mellorar a capacidade de resposta á crise COVID-19.
• Potenciar a posición no ámbito da dixitalización e o Big Data da plataforma Innopharma, recoñecida como de altas capacidades tecnolóxicas no Consorcio Europeo de Infraestruturas de Investigación - ERIC ( https://www.eu-openscreen.eu/). Dentro do devandito consorcio aumentaría a captación de fondos europeos para Galicia, así como a captación de fondos privados.
• Reaccionar con urxencia dinamizando as colaboracións co sector empresarial, beneficiando especialmente ás PEMES do sector biotecnolóxico galego. Contribuíndo así a mellora da competitividade beneficiando ás pemes do sector biotecnolóxico galego, contribuíndo así a unha recuperación máis resilente da economía galega post- covid e mellorando a súa cohesión con outros territorios nacionais e europeos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.07.2024.