
A décimo segunda promoción (2021-2025) do grao en Nutrición Humana e Dietética celebra o venres 6 de xuño o seu acto de graduación. Será ás 17.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo baixo a presidencia do vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco José Fraga López.
A cerimonia contará coa participación da decana da Facultade, Asteria María Luzardo Álvarez; o alcalde de Lugo, Miguel Fernández Méndez; a presidenta do Colexio
Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia, Uxía Rodríguez Lavandeira; e o deputado da Área de Promoción Económica e Social da Deputación Provincial de Lugo, Pablo Rivera Capón.
Intervirán tamén no acto David Freire Ruiz e David Zafra Bugallo, en representación do estudantado, e as madriñas da promoción María Lourdes Vázquez Odériz e Carolina Graciela Nebot García.