Ir o contido principal

Celebración do patrón de Dereito

24.01.2025 | 11.30h

Salón de Graos

Facultade de Dereito
Facultade de Dereito

A Facultade de Dereito celebrará este venres 24 o seu patrón, San Raimundo de Peñafort, nun acto que presidirá o reitor da USC, Antonio López, ás 11:30 horas no Salón de Graos, e no que tamén intervirá a decana, Ana Gude Fernández.

O programa dará comezo coa lectura da Memoria de actividades do centro correspondente ao curso 2023/2024 pola secretaria da Facultade, Natalia Pérez Rivas, e continuará coa Lección Maxistral da ex presidenta do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, Siofra O’Leary, titulada ‘Democracia, liberdade de expresión e dereito na era dixital’.

No acto farase entrega ademais da insignia da Facultade aos docentes Fernando Adolfo de Abel Vilela, Marta Carballo Fidalgo e Belén Trigo García con motivo dos seus 25 anos de servizo no centro.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.01.2025.