Ir o contido principal

Conferencia ‘Consumo de pornografía na infancia e na adolescencia: consecuencias a nivel afectivo e social’

21.02.2025 | 12.00h

Salón de Actos

Enmarcada na VII edición de Tempo da Psicoloxía: ‘Unha ollada sobre o consumo precoz de pornografía’

Imaxe do cartel do evento
Imaxe do cartel do evento

Como continuación da VII edición de Tempo da Psicoloxía: ‘Unha ollada sobre o consumo precoz de pornografía’ que deu comezo este xoves, o venres 21, no marco da conmemoración do Día da Psicoloxía Académica, terá lugar a conferencia ‘Consumo de pornografía na infancia e na adolescencia: consecuencias a nivel afectivo e social’ que impartira Berta Aznar-Martínez, doutora en Psicoloxía da Educación e profesora na Universidade Ramón Llull, onde coordina o mestrado en prevención, detección e intervención da violencia sexual desde unha perspectiva interdisciplinar.

O primeiro contacto coa pornografía prodúcese, de media, aos 8 anos de idade, e xeralízase aos 14. A falta dunha educación sexual e afectiva, xunto  con este consumo en idades moi temperás, impacta no seu desenvolvemento emocional, psicolóxico e social. A distorsión da realidade sobre a sexualidade e as relacións, o risco de comportamentos sexuais problemáticos ou violentos, así como o impacto negativo na súa educación sexual, son algunhas das consecuencias deste consumo, que tenta abordar dende distintas ópticas a sétima edición de Tempo da Psicoloxía, organizada conxuntamente entre a Facultade de Psicoloxía e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Como é habitual, o encontro está aberto a todo o público interesado, con carácter gratuíto, e pode seguirse de xeito presencial no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía así como en liña, a través da web https://tempodapsicoloxia.gal, para o que é preciso inscribirse.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.02.2025.