Ir o contido principal

I Congreso Internacional de Ciencia Xurídica

13-14/01/2025

Santiago de Compostela
Sala de Xuntas de Sala de Profesorado

Organizado conxuntamente coa Universidade de Chile

Facultade de Dereito. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Dereito. FOTO: Santi Alvite

As Facultades de Dereito das Universidades de Santiago de Compostela e de Chile desenvolverán de maneira conxunta os días 13 e 14 de xaneiro o I Congreso Internacional de Ciencia Xurídica, que reunirá na capital de Galicia persoal experto das dúas institucións universitarias. A inauguración será o luns 13 ás 9.30 horas presidida polo reitor Antonio López.

O encontro científico artellarase en oito mesas de debate nas que intervirán relatores de ambas as dúas universidades e que tratarán temas de calado centrados no dereito chileno, que axudarán a comprender a normativa do país americano. Así, a Lei Karin para a prevención e sanción do acoso e a violencia no traballo, o acoso sexual ou o segredo profesional en Chile, o constitucionalismo iberoamericano, o traballo en plataformas na lexislación laboral chilena, as relacións entre a Corte Suprema e as Axencias en Mercados Regulados ou a iniciativa popular de norma serán os asuntos sobre os que se debaterá ao longo do congreso que dirixen Ana Gude Fernández, Vicente A. Sanjurjo Rivo, Francisco Javier Framiñán Santas e Natalia Pérez Rivas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.01.2025.