Salón de Actos

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría celebra o xoves 10 de abril o acto da festividade do centro, que inaugurará a partir das 12.30 horas o reitor da USC, Antonio López, e no que tamén intervirán a directora da Escola, Julia González Álvarez, e a secretaria do centro, Nelly Condori Fernández, que lerá a memoria de actividades da Escola no curso pasado.
O relatorio deste ano corresponderalle ao fundador e CEO de Plexus Tech., Antonio Agrasar Cascallar, que leva por título ‘Aprender, Adaptarse, Innovar: O ciclo da Tecnoloxía con Alma’.
Ademais, como cada ano, no transcurso do acto terá lugar a entrega dos premios Extraordinarios Fin de Carreira, a Mellores Expedientes, a Mellores TFG e TFM, á Calidade Lingüística de TFG e TFM, o Leonardo á Docencia e á Investigación, o Ángela Ruiz Robles á excelencia Docente e Investigadora, o Beatrice Alice Hicks ao estudantado máis comprometido coa participación universitaria, o Altia ao mellor TFG no Grao en Enxeñaría Informática, os da Cátedra Institucional de Transición Enerxética Genesal Energy da USC aos mellores TFG e TFM sobre transición enerxética, o ViAQUA ao mellor TFM no Máster en Enxeñaría Ambiental e o DXC ao mellor TFM no Máster en Tecnoloxías de Análise de Masivos: Big Data.