Ir o contido principal

Encontros na USC en Lugo

A mocidade preuniversitaria selecciona previamente, de acordo coas súas inquietudes formativas, os centros que desexan coñecer. FOTO: Santi Alvite
A mocidade preuniversitaria selecciona previamente, de acordo coas súas inquietudes formativas, os centros que desexan coñecer. FOTO: Santi Alvite

Os Encontros na Zona USC volverán ser punto de achegamento para estudantes de ensino medio de toda Galicia ao longo deste mes de febreiro. Estes Encontros aproximan o estudantado preuniversitario ás facultades, escolas e servizos da USC, alén de ofrecerlle a oportunidade de recibir información sobre a oferta de estudos de grao. Cada estudante poderá elixir un percorrido, en función das súas preferencias iniciais. Deste xeito, o estudantado visitará aulas, laboratorios e outros espazos dos centros nos que se imparten os graos da súa preferencia.

Nestas visitas, ademais de profesorado, participa estudantado titor dos distintos centros universitarios, que será o encargado de dirixir a visita polo campus e trasladarlle ao estudantado as súas vivencias na USC. Os Encontros no Campus de Lugo comezan o 25 de febreiro e estenderanse ata o día 26. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.02.2025.