29.04.2025 | 09.00h-14.00h
Campo de fútbol municipal da Cheda

O campo de fútbol municipal da Cheda en Lugo será o vindeiro 29 de abril o escenario da entrega de premios tanto da liga como da Copa de Fútbol 7 do Campus de Lugo. O acto estará presidido polo delegado do reitor para o Deporte, Javier Rico, e contará coa participación do concelleiro de Deportes, Jorge Bustos.
Ás 9.00 e as 10.00 horas terán lugar os enfrontamentos de cuartos de final da Copa; ás 11.00 horas serán as semifinais; e ás 12.00 desenvolverase a final de consolación e a final do torneo. En total xogaranse oito partidos. Neste campionato participan os cinco primeiros clasificados do grupo Polo Título, e os tres primeiros clasificados do grupo Pola Copa.