Ir o contido principal

IX Congreso Internacional Ulepicc-España

06.02.2025 | 09.00h
Facultade de Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias da Comunicación. FOTO: Santi Alvite

O IX Congreso Internacional Ulepicc-España terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación compostelá o xoves 6 e o venres 7 de febreiro baixo o lema 'Comunicación e servizo público'. A sección española da Unión Latina de Economía Política da Información, a Comunicación e a Cultura (Ulepicc-España). Dirixido á comunidade académica, profesionais e movementos sociais do xornalismo e a comunicación, o congreso busca reunir achegas que favorezan o intercambio de perspectivas e o debate académico, profesional e social acerca da relación entre a comunicación e o servizo público desde unha perspectiva teórica crítica.

Segundo informa a organización do congreso na súa web, "nun contexto mediático cada vez máis concentrado, no que tanto os contidos informativos e audiovisuais como a atención e os datos das audiencias e usuarios se mercantilizan, que retos e oportunidades se presentan para unha comunicación de servizo público que opere baixo o prisma dos principios democráticos e do ben común? Considerando o marco sociopolítico marcado polas desordes informativas, a comunicación de servizo público vólvese fundamental á hora de fomentar a convivencia e a cohesión social, a alfabetización mediática, dixital e informacional, e a promoción dos dereitos dixitais e a ciberdemocracia".

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.12.2024.