Salón de Graos

A Universidade de Santiago súmase o martes 11 de febreiro á conmemoración en todo o mundo do Día da muller e a nena na ciencia cunha mesa redonda organizada pola Vicerreitoria de Política Científica e a Delegada do Reitor para Igualdade. Será ás 19.00 horas no Salón de Graos Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.
A situación actual e as perspectivas de futuro para as mulleres na ciencia será o tema a tratar por diversas mulleres que desenvolven a súa carreira profesional na institución compostelá e que terán a oportunidade de relatar as súas propias experiencias
Así, contará coa participación da catedrática de Fundamentos de Análises Económica e directora Científica do Centro de Investigación Interuniversitario de Economía e Empresa para a Sociedade (ECOBAS), María Loureiro; a catedrática de Psicoloxía Básica e directora do Instituto de Psicoloxía, Isabel Fraga Carou; a técnica da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento Susana Torrente Vilasanchez; a investigadora Ramon y Cajal na Facultade de Matemáticas Saray Busto Ulloa; a investigadora posdoutoral da Xunta de Galicia no Instituto de Humanidades Alba Moreno Zurita; e a investigadora predoutoral na Facultade de Química Ana Justo Vega.
