Ir o contido principal

#11FnaUSC

Xornada de portas abertas no Instituto de Materiais da USC

11/02/2025

Instituto de Materiais da USC

Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Xornada de portas abertas no Instituto de Materiais da USC
Xornada de portas abertas no Instituto de Materiais da USC

Con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia o 11 de febreiro, o Instituto de Materiais da USC (iMATUS) organiza unha sesión de portas abertas na que se presentarán algúns experimentos sinxelos relacionados coas liñas nas que está a traballar o seu persoal investigador.

Abertas a todo o público, haberá tres sesións dunha duración aproximada de 1 hora -ás 16.00, 17.00 e 18.00 horas- para as que é preciso solicitar cita previa no correo imatus.info [at] usc.es (imatus[dot]info[at]usc[dot]es) (antes do día 10 de febreiro ás 14h) indicando nomes e preferencia horaria, de habela. A asignación de prazas farase por estrito orde de solicitude.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.02.2025.