Ir o contido principal

XXXVIII Xornadas de Campo de Xeografía Física

02.06.2025 | 16.00h

Santiago de Compostela

Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite

Entre o luns 2 e o venres 6 de xuño de 2025 desenvolveranse na Facultade de Xeografía e Historia as XXXVIII Xornadas de Campo de Xeografía Física en Galicia. Estas xornadas son organizadas pola área de Xeografía Física da USC, e están dirixidas tanto aos membros do grupo de Xeografía Física da Asociación Española de Xeografía como a profesionais, investigadores xoves e estudantes que teñan interese en participar.

No marco destas xornadas proponse avaliar o potencial didáctico das saídas de campo na formación universitaria e para iso realizaranse catro xornadas de campo que permitan explorar diferentes realidades do territorio e da paisaxe galega, incluíndo aspectos sobre a súa orixe, dinámica, xeodiversidade e o estado de conservación dos seus hábitats. A proposta inicial inclúe a visita ás turbeiras do Xistral, o xeoparque Cabo Ortegal, a ría da Arousa e a Costa da Morte.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.12.2024.