Ir o contido principal

Aberta a inscrición no Programa de Extensión Cultural de Astronomía

Aberta a inscrición no Programa de Extensión Cultural de Astronomía
Aberta a inscrición no Programa de Extensión Cultural de Astronomía

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC convoca a 21ª edición do Programa de Extensión Cultural de Astronomía (PECAS), dirixida á comunidade universitaria e dende hai uns anos tamén a toda a cidadanía.

Quen desexe participar nas múltiples actividades deste programa de astronomía, convalidable por 1 crédito ECTS, poden realizar a matrícula presencialmente no Observatorio durante esta semana ou a través de internet ata o 10 de decembro.

Durante os vindeiros meses haberá charlas divulgativas, visitas ao Observatorio Astronómico Ramón María Aller e observacións a simple vista de constelacións e a través de telescopios de obxectos coma a Lúa, planetas, estrelas dobres, cúmulos estelares, nebulosas, etc. Contémplase tamén unha sesión de observación do Sol.

As actividades está co financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) e por Optica Val.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.11.2017.