Ir o contido principal

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para a adscrición de persoal científico ao Instituto de Ciencias da Educación

O Instituto de Ciencias da Educación da USC manterá aberto ata o día 1 de febreiro o prazo de presentación de solicitudes para a adscrición de persoal científico a este instituto. Poderán facer as súas propostas profesores e investigadores da USC que realicen investigacións en ámbitos das Ciencias da Educación, persoal investigador contratado especificamente para programas de investigación, persoal en período de formación investigadora ou membros doutras universidades así como persoas alleas á comunidade universitaria que colaboren asiduamente nalgún proxecto ou programa do instituto. As instancias e demais documentación está dispoñible na web do Instituto (http://www.usc.es/ice/informacion/central.htm), debendo presentalas antes do próximo día 1 de febreiro na sede do propio ICE en Campus Vida.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.01.2011.