Ir o contido principal

Acceso gratuíto da comunidade universitaria ao repositorio de información europea European Sources on Line

O Centro de Estudos e Documentación Europea da USC (CEDE) ofrece á comunidade universitaria da USC acceso gratuíto ao repositorio European Sources on Line (ESO), unha fonte principal e cualificada de recursos europeos (documentos, bibliografía, revistas, informes, etc.).

Trátase dun proxecto piloto no que a Universidade compostelá participa con outras europeas para enriquecer o repositorio con recursos europeos xerados desde España e desde Galicia. Por esta razón, o CEDE solicita a colaboración do persoal investigador que publique asuntos relacionados con esta materia, en formatos compatibles coa difusión a texto completo, para analizar a posibilidade de que poidan sexan indexados no ESO aos efectos de acadar maior visibilidade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.11.2012.