Acto de graduación da promoción 2013-2017 de Enfermaría

O reitor Juan Viaño presidiu este venres 26 o acto de graduación da promoción de Enfermaría 2013-2017, ao que tamén asistiu o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. No Auditorio de Galicia, na mesa presidencial tamén participaron a decana da Facultade, Ana Isabel Silveira Rodríguez; a directora de Proceso de Enfermaría EOXI, Mª Victoria Carral García; a secretaría da Facultade, Mª Elena López Martín; e a madriña e o padriño da promoción, Mª Jesús Núñez Iglesias e Antonio Iglesias Vázquez.
En representación da promoción, Lucia López Iribarnegaray e Alberto Salmonte Rodríguez abrirán a quenda de intervencións, a quen seguirán os padriños. Logo da intervención de Victoria Carral, a profesora Rosalía Morlán Vieites pronunciará a conferencia ‘Reflexións dunha enfermeira’. O programa completouse coas palabras da decana da Facultade e do conselleiro de Sanidade, previas ao chamamento para a entrega de diplomas conmemorativos ao alumnado que remata estudos. O reitor clausurou o acto.