Alumnado de Filosofía presenta este luns unha cartografía ‘estética’ de Compostela
Alumnado do grao en Filosofía participou este ano nun proxecto de innovación educativa co que mediante a realización dunha cartografía do casco histórico e da zona nova de Compostela estudaron as problemáticas da estética.
Os resultados deste proxecto Aps –metodoloxía educativa que pretende fomentar a aprendizaxe mediante a realización de servizos á comunidade– coñeceranse o luns 15 ás 12.00 horas no salón de actos da Facultade de Filosofía da man do alumnado responsable. Asisten tamén o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro; a profesora de Ciencias da Educación e coordinadora de Aps na USC, Mar Lorenzo; o decano da Facultade de Filosofía, José Miguel Sagüillo, e o docente encargado do proxecto, Francisco Conde, entre outros.