Antonio Rial Boubeta, membro do Comité de Expertos do Goberno para crear unha contorna dixital segura
Só hai dous representantes galegos neste grupo de especialistas
O profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago Antonio Rial Boubeta, experto en adiccións xuvenís e membro do Alto Comisionado da UNESCO para a loita contra o acoso escolar e o ciberacoso, foi escollido polo Goberno para entrar a formar parte do Comité de expertos establecido para deseñar unha estratexia de país que promova un contorno dixital seguro para as nenas, nenos e adolescentes.
Antonio Rial Boubeta e Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, son os dous únicos representantes galegos no Comité de Expertos.