Ir o contido principal

A área de Enxeñaría Química da USC cumpre 60 anos

A área de Enxeñaría Química na Universidade de Santiago de Compostela celebra o seu sesenta aniversario. Foi no curso 1950-1951, cando o profesor Joaquín Ocon García chega a Santiago, cando esa disciplina comeza a súa andaina. Para conmemorar estes 60 anos a Escola Técnica Superior de Enxeñaría acolle este xoves 25 ás 12:00 horas un acto no que interveñen o reitor compostelán Juan Casares Long; o profesor Ad Honorem do Departamrnto de Enxeñaría Química, Manuel Bao Iglesias; a presidenta do Colexio de Enxeñeiros Químicos de Galicia, Almudena Hospido Quintana; o director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Juan Manuel Lema Rodicio; e o director do Departamento de Enxeñaría Química, Gumersindo Feijoo Costa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.11.2010.