A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visita o museo da Casa da Troia
Un grupo da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC visita este sábado 6 a partir das 11.00 horas o museo da Casa da Troia.
Ademais de contemplar os espazos desta curiosa casa do século XVIII, típica do casco antigo compostelán rexentada por Dª Generosa na época na que o antigo alumno da USC Alejandro Pérez Lugín escribira a súa novela La casa de la Troya, poderán tamén visitar a exposición de acuarelas de Suso Cubeiro inaugurada esta semana.