'Biodiversidade e Colección de Historia Natural' nova proposta expositiva para o Colexio de Fonseca
‘Biodiversidade e Coleccións de Historia Natural’ é o tema da próxima exposición que o Colexio de Fonseca albergará a partir da súa inauguración o próximo luns, dia 8. Esta mostra organizada polo Museo de Historia Natural Luis Iglesias e patrocinada pola Dirección Xeral de I+D+i enmárcase na celebración de 2010 como Ano Internacional da Biodiversidade. A inauguración oficial da mostra celebrarase a partir das 19:00 horas no Colexio de Fonseca nun acto que presidirá o reitor Juan Casares, e no que tamén intervirán o director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla; e a comisaria da mostra, a director do Museo, Mª Isabel Fraga. Aberta ao público ata o 12 de decembro, é unha aproximación ao tema dende unha perspectiva vangardista e con elementos claramente novidosos, tanto en aspectos científicos como de exhibición. No primeiro caso, utilizando os últimos avances en investigación e uso internacional de datos de coleccións e, no segundo, deseñando elementos expositivos segundo as concepcións máis innovadoras.