Ir o contido principal

Botan a andar na USC os XXXIII Xogos Galaico Durienses

Cartel dos xogos
Cartel dos xogos
Nesta iniciativa que se estende ata o mércores 27, toman parte, alén da USC, as universidades de A Coruña, Vigo, Minho, Porto, e Trás-os-Montes e Alto Douro
Lugo, Santiago de Compostela

Os XXXIII Xogos Galaico Durienses, nos que toman parte, alén da USC, as universidades de A Coruña, Vigo, Minho, Porto, Trás-os-Montes e Alto Douro, botan andar este luns en Santiago de Compostela e estenderanse ata o vindeiro mércores 27 de novembro. Abertos á participación do estudantado, do profesorado e do persoal de administración e servizos, estes xogos abranguen as modalidades de atletismo, fútbol 7 feminino, rugby 7 masculino, e voleibol mixto.

Estes xogos concíbense coma unha ferramenta que permite o coñecemento mutuo, a convivencia e o traballo colaborativo entre as Universidades e organismos públicos integrantes da Eurorrexión. Ao tempo que son o aliciente para que os equipos universitarios adestren con intensidade e dedicación ao longo do ano para tentar mellorar as posicións de edicións anteriores, co espírito de entrega e superación que caracteriza a esta competición, apóstase de cheo por competicións mixtas de diferentes deportes que resalten a paridade e a igualdade de xénero e que integren obxectivos de desenvolvemento sostible.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.03.2020.