Ir o contido principal

O Camiño de Santiago centra un curso de verán en Sarria

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2010

O Camiño de Santiago é o eixo central do curso ‘Camiño, natureza e cultura na comarca de Sarria’ que se desenvolverá dende o 26 ao 29 de xullo na sede da Asociación Cultural La Unión desta vila luguesa. Dirixido por José Díaz Fuentes e Elvira Díaz Vizcaíno, este seminario terá unha duración de trinta e dúas horas e contará coa participación dun grupo de especialistas na ruta xacobea que impartirán unha ducia de relatorios articulados en tres bloques, o Camiño e a poboación, a Abadía de Samos e os valores naturais do Camiño na comarca de Sarria. Estas conferencias permitirán aos asistentes afondar na relevancia cultural, social e económica da ruta xacobea así como nas claves da normativa pola que se rexe. A presentación destes contidos completarase coa celebración de diversas mesas redondas, co visionado de documentais de carácter histórico sobre o Camiño de Santiago, e co percorrido dun tramo do mesmo. . Toda a información sobre este curso estival que se impartirá en Sarria atópase na páxina www.usc.es/cultura/uveran23_10.htm.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.07.2010.