Ir o contido principal

O catedrático de Historia da USC Xavier Castro gaña o Gourmand Wordl Cookbook Awards 2010 polo seu libro ‘A Rosa do viño. Cultura do viño en Galicia’

O galardón recoñece aos mellores volumes de cociña e viño publicados en España e permítelle optar os vindeiros premios Gourmand Best in the World

O libro ‘A Rosa do viño. Cultura do viño en Galicia’, do catedrático de Historia Contemporánea da USC Xavier Castro, acaba de ser premiado como o mellor libro sobre a historia vinícola publicado en España durante este ano nos Gourmand Wordl Cookbook Awards. Este recoñecemento permítelle ao profesor Castro optar tamén aos Gourmand Best in the World, que se faiarán en París o 2 de marzo de 2011. A obra constitúe un achegamento á historia cultural do viño en Galicia e articúlase como un traballo de investigación que emprega fontes primarias, en boa parte inéditas. Así mesmo, o libro incorpora de xeito novo a tradición enogastronómica galega de clásicos como Pardo Bazán, Julio Camba, Picadillo, Cunqueiro e Castroviejo. O galardón concedido nos Gourmand World Cookbook Awards a ‘A cultura do viño’, publicado pola editorial Galaxia, vense a sumar ao recoñecemento dos concellos do Deza (Pontevedra), que xa lle outorgaran o premio Deza Investigación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.12.2010.