Ir o contido principal

O catedrático Marcelino Agís incorporarase á Academia de Ciencias da Lisboa como académico correspondente estranxeiro

A Academia de Ciencias da Lisboa acaba de aprobar por unanimidade o nomeamento do catedrático de Filosofía Marcelino Agís como académico correspondente estranxeiro desta organización. O nomeamento parte dunha proposta formulada polo catedrático emérito da Universidade Nova de Lisboa Michel Renaud.

Esta Academia é unha das máis antigas institucións científicas de Portugal, fundada o 24 de decembro de 1779. Entre as súas misións destaca a promoción da investigación científica e a divulgación de resultados; impulsar o estudo da historia de Portugal e a súa relación con outros pobos; e o fomento do enriquecemento do pensamento, a literatura, a lingua e demais fontes de ciencia en Portuga; contribuír ao desenvolvemento da ciencia e o progreso cultural deste país e achegar asesoramento ao goberno portugués en materia lingüística e científica de interese nacional en coordinación coa Academia Brasileira de Letras e outras redes das academias europeas e mundial, entre outras.

Marcelino Agís
Marcelino Agís (Raxó –Pontevedra- 1963) é catedrático de Filosofía da USC e profesor titor da UNED en Pontevedra, así como conferenciante convidado en universidades e institucións investigadoras de Alemaña, Portugal, Xapón, Italia, Estados Unidos, México, Brasil ou Chile.

É autor ou coautor de preto de trinta libros e de 40 artigos ou capítulos de libros. Ademais de ter dirixido nove teses de doutoramento é membro fundador e presidente da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía e dos Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago e dirixiu a Revista Agora. Papeles de Filosofía e da revista Compostela.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.06.2017.