Máis de catro milleiros de persoas reciben o novo curso universitario da man de Novedades Carminha

Novedades Carminha protagonizou este xoves a verbena de inicio do curso 19/20 cunha actuación histórica que concentrou diante dos Colexios Maiores do Campus Vida a 4.500 persoas que puideron escoitar os acordes de Ultraligero, o último traballo do grupo santiagués. Ademais, a verbena contou tamén coa actuación de Deteriorados, banda composta por cinco persoas con idades comprendidas dende os case 70 anos ata os 20 anos caracterizados por un estilo moi singular, uns instrumentos pouco convencionais e un repertorio exclusivo.
Esta verbena de inicio de curso foi unha iniciativa da USC e a Asociación de Restauradores da Universidade compostelá (ARUS), que ademais conta coa colaboración do Concello de Santiago e o patrocinio de Xunta de Galicia, Xacobeo 2021, Banco Santander e Abanca. A través dunha iniciativa de microdoazón, primeira desta natureza e entidade na USC, tamén achegan o seu patrocinio para esta actividade cultural outras empresas da contorna ou relacionadas coa universidade: A Nave de Vidán, Airas Cátering, R (compañía de teléfono), Campus na Nube, Arines, OnCampus, SITUM, Deyman, CYS Hispania, Sarpel, Balidea e Seguridade A1.
Deteriorados e Novedades Carminha foron os protagonistas do concerto