Catro seminarios analizarán a protección legal de contidos dixitais no sector audiovisual
O Clúster Audiovisual Galego organiza en colaboración coa USC un curso sobre Protección Legal dos Contidos Dixitais composto por catro seminarios que se desenvolverán os días 17,18,19 e 24 de novembro no Salón de Graos da Facultade de Dereito.
O curso está dirixido a profesionais do sector audiovisual, autores de obras audiovisuais e estudantes universitarios de todas as titulacións. A finalidade desta actividade é que os asistentes acade nun coñecemento integral dos aspectos máis relevantes da obra audiovisual que resulten de maior interese para autores e produtores do sector. A análise integral da nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual será un dos puntos centrais do seminario xunto co estudo dos aspectos fiscais da propiedade intelectual e o comercio electrónico, vinculados á obra e á produción audiovisual.
Programa O día 17 estará dedicado á análise pormenorizada da nova Lei Xeral Audiovisual; o día 18 terá lugar o seminario centrado na obra audiovisual nos medios electrónicos e a súa xestión; na xornada do 19 estudarase o concepto da propiedade intelectual en relación coa obra audiovisual e para finalizar, o día 24 abordarase a cuestión dos servizos da sociedade da información e o comercio electrónico. Inscrición A inscrición pode facerse a través do formulario que se aloxa na paxina web da USC ou na do Clúster Audiovisual (www.clusteraudiovisualgalego.com), onde se pode ampliar información sobre esta actividade informativa.