O Centro de Linguas Modernas organiza un concerto de benvida aos cursos intensivos de verán
Como acto de benvida aos cursos intensivos de verán, o Centro de Linguas Modernas organiza o luns 3 de xullo o concerto ‘Linguas e cantos’, nunha sesión no Salón Nobre do Colexio de Fonseca entre as 19.30 e as 20.30 horas.
A cargo do grupo de canto Aleceia, o programa inclúe achegas da cultura musical xaponesa, swahili, alemá, francesa, inglesa, italiana, castelá, vasca, portuguesa ou galega. O concerto combinará tanto pezas tradicionais como de autores universalmente recoñecidos.