Ir o contido principal

O Centro de Linguas Modernas da USC impartirá en xullo un curso CELTA para PDI, PAS e estudantado do Terceiro Ciclo de Santiago

O Centro de Linguas Modernas da USC impartirá gratuitamente ao longo de xullo unha nova edición do curso de lingua inglesa CELTA dirixida ao persoal docente e investigador, de administración e servizos, así como ao estudantado do Terceiro Ciclo do Campus de Santiago. O curso celebrarase no mes de xullo, entre os días 2 e 29, cunha carga lectiva de 40 horas, dúas horas ao día durante catro semanas en horario de 16:30 a 18:45 horas de luns a venres. As clases desenvolveranse na Facultade de Ciencias da Comunicación O curso CELTA é un programa de formación de profesores de inglés, no que se inclúe un período práctico consistente en impartir clases. Nas distintas sesións practicaranse todas as destrezas, a gramática e o vocabulario, facendo especial fincapé no aspecto comunicativo da lingua. Aos alumnos que teñan unha asistencia superior ao 60%, expediráselle unha certificación coa constancia de aproveitamento, horas e nivel. Estarán dispoñibles 40 prazas, con dous grupos docentes dun máximo de 20 persoas segundo o nivel do alumnado. Así, para realizar esta acción formativa será necesario realizar a proba de nivelación prevista para o venres 18, ás 17:00 horas na Sala de Graos da Facultade de Filoloxía.

Trala realización da proba, farase unha selección dos examinados para formar grupos homoxéneos en canto ao seu nivel de dominio do inglés. Comunicaranse aos seleccionados a través do correo electrónico a semana seguinte da proba. Para acadar máis información, os días 15 e 16 de xuño as persoas interesadas pódense dirixir ao Centro de Recursos de Idiomas (CRI) na Facultade de Ciencias da Comunicación (Campus Norte, Santiago) entre as 10:00 e 12:00, ou á extensión telefónica: (981 563100) 16599 no mesmo horario.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.06.2010.