Ir o contido principal

'Cando a ciencia se fai arte', nova exposición na Facultade de Filosofía

Imaxe da mostra 'Cando a ciencia se fai arte'
Imaxe da mostra 'Cando a ciencia se fai arte'

A Facultade de Filosofía da USC albergará dende este martes, día 5, ata o vindeiro 17 de xuño a exposición ‘Cando a ciencia se fai arte’, organizada pola Vicerreitoría de Cultura e o Centro de Estudos Avanzados da USC. A mostra recolle unha colección de fotografías realizadas polo Inserm, Instituto Nacional da Saúde e da Investigación Médica francés.
As fotografías escollidas permiten ao público descubrir dende un novo punto de vista a ciencia: células, neuronas, bacterias, virus ou secuencias de ADN amósanse nesta serie fotográfica dando como resultado unhas imaxes moi estéticas de gran riqueza cromática e variadas formas, coas que o espectador poderá xogar coa imaxinación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.06.2007.