Ir o contido principal

Os Coloquios en Compostela dedican a súa décima edición aos galegos e galegas na diáspora

Os Coloquios en Compostela dedican a súa décima edición aos galegos e galegas na diáspora
Os Coloquios en Compostela dedican a súa décima edición aos galegos e galegas na diáspora

‘Galegos na diáspora: éxodos e retornos’ é o lema dos X Coloquios en Compostela que se desenvolven estes días en Filosofía baixo a dirección dos coordinadores da Cátedra Unesco 226 sobre Migracións da USC, Julio Hernández Borge e Domingo L. González Lopo. O encontro comezou este xoves con dúas intervencións de Daniel Vázquez Vila e Domingo González Lopo sobre lembranzas da infancia e procesos de doazón e devocións da diáspora galega no Antigo Réxime, respectivamente. Na xornada do venres os temas propostos ofrecen un achegamento a cuestións relacionadas cos españois exiliados en Portugal no século XIX, as ocorrencias revolucionarias na Galicia de 1846, a presenza galega no exterior entre 2000 e 2012, as achegas da emigración a América para a sociedade galega (1900-1960), as migracións e retorno a comezos do século XXI e a marca da emigración americana nas escolas de Barcala, A Maía e Xallas. Participan nesta décima edición docentes das Universidades de Santiago, Vigo e A Coruña, do Centro de Estudos de Poboación, Economía e Sociedade do Porto e do IES de Arteixo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.11.2012.