Ir o contido principal

Os Coloquios en Compostela dedicarán a súa décima edición aos ‘Galegos na diáspora: éxodos e retornos’

Os Coloquios en Compostela terán como tema de referencia na súa décimo edición o lema ‘Galegos na diáspora: éxodos e retornos’ e celebraranse os próximos días 8 e 9 de novembro baixo a dirección dos coordinadores da Cátedra Unesco 226 sobre Migracións da USC, Julio Hernández Borge e Domingo L. González Lopo. Estes coloquios internacionais están recoñecidos cun crédito de libres configuración para o alumnado das licenciaturas de Xeografía e Historia e certificado de asistencia para o estudantado doutras titulacións e graos. O encontro comeza o xoves 8 pola tarde na Facultade de Filosofía con dúas intervencións sobre lembranzas da escola e procesos de doazón e devocións da diáspora galega no Antigo Réxime. Na xornada do venres 9 os temas propostas ofrecerán un achegamento a cuestións relacionadas cos españois exiliados en Portugal no século XIX, a presenza galega no exterior, as achegas da emigración a América para a sociedade galega entre 1900 e 1960 ou migracións e retorno a comezos do século XXI, entre outros asuntos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2012.