Ir o contido principal

Comeza o I Ciclo de Cine Ambiental e Solidario ‘Butaca Verde’

A Fundación USC Deportiva desenvolve este mes o I Ciclo de Cine Ambiental e Solidario Butaca Verde, coa colaboración do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Este mércores 3 será a quenda do filme Home, de Yann Arthus-Bertran (2009). Xa o 10 proxectarase Oro negro, de Marck Francis e Nick Francis (2006) e o 16 El viaje del emperador, de Luc Jacquet (2005). As proxeccións serán a partir das 19:30 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito da USC sen que sexa necesario ningún tipo de inscrición previa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.11.2010.