Comezou o curso no Centro Superior de Hostalaría de Galicia
Un total de 420 alumnos comezaron o curso no Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) nalgunha das titulacións que imparte. Na sesión inaugural participaron o reitor Juan Casares; o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda; a tenente de alcalde de Santiago, Reyes Leis; a xerenta de Turgalicia, Carmen Pita; e a directora do centro, Patricia Cuevas. O presidente da Confederación Española de Hoteis e Aloxamento Turísticos, Joan Molas, foi o encargado de impartir a primeira sesión académica do curso cunha conferencia que levaba por título “ O turismo e a hostalaría, motor da recuperación económica e social”. Por segundo ano consecutivo, o centro volve marcar récord de inscritos/as no primeiro curso de Diploma Superior de Xestión Hoteleira e no de Certificado de Elaboración e Xestión en Cocina. Cubríronse todas as prazas (140) e incluso quedaron candidatos/as fóra a pesar de cumprir os requisitos.