Ir o contido principal

Comezou a programación académica do máster en Arquitectura da Paisaxe

Promovido polas universidades de Santiago e A Coruña e a Fundación Juana de Vega, é o único posgrao galego adaptado ao proceso de Bolonia especializado na disciplina

O máster en Arquitectura da Paisaxe que organizan conxuntamente a USC e a Universidade da Coruña xunto coa Fundación Juana de Vega estrea na súa terceira edición a súa homologación como título adaptado ao Espazo Europeo de Educación Superior. O programa docente desta nova quenda acaba de comezar logo do acto inaugural celebrado na sede da Fundación Juana de Vega coa presenza do vicerreitor de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC, Javier Garbayo; a vicerreitora de Organización Académica da Coruña, Ana Tarrío; os co-directores do posgrao, Isabel Iglesias (USC) e Xosé Manuel Casabella (UdC); así como a directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre.

O posgrao cubre un baleiro existente en Galicia neste tipo de formación profundando tanto na planificación, análise e deseño da paisaxe como na súa xestión, conservación e restauración. Trátase do único posgrao galego adaptado ao proceso de Bolonia especializado na disciplina.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.10.2010.