A Confederación Hidrográfica Miño Sil e o Campus Terra da USC abordan liñas de colaboración nunha reunión este venres en Lugo
O presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, Francisco Muñoz Marín, e o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, celebrarán este venres unha xuntanza de traballo na Subdelegación de Goberno de Lugo co obxecto de estudar posibles convenios de colaboración e outras accións concretas no eido da I+D+i entre a entidade hidráulica e o Campus Terra da USC.
Unha vez rematado o encontro, do que actuará como anfitrión o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e no que tamén participarán técnicos da Confederación Hidrográfica Miño Sil, así como docentes e investigadores da Escola Politécnica Superior do Campus Terra , Francisco Muñoz e Javier Bueno darán conta dos acordos acadados a partir das 12.00 horas.