Conferencia e concerto do saxofonista e musicoterapeuta Ryo Noda

O afamado saxofonista e compositor Ryo Noda (Xapón, 1948) ofrece este venres 9 en Compostela unha conferencia na que narrará a súa vida dedicada á música así como as súas experiencias no campo da musicoterapia. Logo da conferencia, ás 20.30 horas no Paraninfo da Universidade, ofrecerá un pequeno concerto.
O relatorio presentarao o saxofonista menorquino Rodrigo Vila, que tamén fará as funcións de tradutor.