Ir o contido principal

Un congreso reúne en Santiago a máis de trescentos historiadores da arte españois

Un congreso reúne en Santiago a máis de trescentos historiadores da arte españois
Un congreso reúne en Santiago a máis de trescentos historiadores da arte españois

A Facultade de Historia da USC acolle esta semana o XVIII Congreso Español de Historia da Arte que organiza en colaboración co Comité Español de Historia da Arte (CEHA). Nesta edición, que baixo o lema ‘Mirando a Clío, a arte española reflexo da súa historia’ se vai desenvolver ata o próximo día 24, participan máis de trescentos especialistas entre investigadores, profesionais e estudantes que compartirán coñecementos, achados e experiencias que reforcen o valor da historia da arte como disciplina fundamental para o coñecemento do ser humano nas súas múltiples facetas. A xornada deste mércores comezou coa conferencia do catedrático da Universidade Complutense de Madrid Delfín Rodríguez Ruíz acerca ‘Dalgunhas quimeras e soños arquitectónicos pintados (S. XVI-XVIII)’ para logo dar paso ás diversas sesións paralelas estruturadas en sete seccións temáticas etiquetadas como proxectos e a innovación no ámbito xacobeo; a marxinalidade e os marxinais; comunidades e individuos; quimeras e especulacións; identidades; Historia da Arte e docencia; e a memoria da cidade Xornada do xoves 22 O congreso continuará o xoves coa programación de dúas conferencias, ás 9:30 e 16:30 horas no Paraninfo da Universidade. A primeira correrá a cargo do catedrático da Universidade de Zaragoza Gonzalo M. Borrás Gualís co título ‘A propósito da arte mudéxar: unha reflexión sobre o legado andalusí na cultura española’, mentres que a segunda será responsabilidade do catedrático da Universidade de Santiago Ángel Luis Hueso Montón sobre ‘Cidades filmadas. Imaxes dun entorno”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.09.2010.